Merendas e recreos saudables

lunes, 29 de junio de 2015

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

Este curso dentro do programa "Aliménta-T ben", iniciamos a nosa aventura no mar. Os días 5 de marzo e 13 de abril recibimos a visita dos Arroases, que nos axudaron a coñecer mellor diversos aspectos e propiedades dun alimento fundamental na nosa dieta: o peixe.

Posteriormente, o 5 de maio realizamos unha visita á lonxa e visitamos as dependencias da mesma, tanto de baixura coma de altura e unha visita ao Museo deo mar. Nesta visita coñeceron a actividade pesqueira en tódolos seu ámbitos: a pesca, o marisqueo e a acuicultura, os métodos de conservación, os avances tecnolóxicos nas embarcacións... Tamén tivemos a oportunidade de visitar o acuario onde reprodúcese o ecosistema da ría de Vigo.  Para rematar convidáronnos a xantar nun local da propia lonxa. A comida a base de peixe estaba boísima!!!

sábado, 27 de junio de 2015

Dentro da actividade "Cociñando para o cole", terceiro e cuarto de E.P. elaboraron un saboroso batido de mazá e mandarina, que logo repartiron entre todas as nenas e nenos dos demais cursos e que nós tamén degustamos. Estaba boísimo!!!






DÍA DA ÁRBORE

Para conmemorar o día da árbore plantamos no cole unha maceira e unha ameixeira coa finalidade de que nos vindeiros cursos poidamos tomar ricas mazás e ameixas. A maceira que plantamos o pasado curso xa obsequiounos coas súas primeiras mazás.


jueves, 25 de junio de 2015

MATES E ALIMENTACIÓN

Con motivo da conmemoración do día da paz, traballamos o obxectivo 1 do Milenio: Erradicar a pobreza extrema e a fame. Os obxectivos do Milenio son os oito propósitos que, no ano 2.000, os 189 países membros das Nacións Unidas acordaron conseguir para o ano 2015.
Aproveitando este traballo, aproveitamos para estudar a presenza das mates na alimentación.

Matemáticas e alimentación


More presentations from dory

miércoles, 13 de mayo de 2015

FROITA NA ESCOLA


Recoméndase tomar polo menos tres porcións de froita ao día, preferiblemente enteiras e unha delas rica en vitamina C.
Este ano o cole participou novamente na campaña do Plan de Consumo de Froitas nas escolas. Durante o recreo distribuíuse e tomamos unha ración (150-200 gramos) de froita fresca durante as semanas:
26-30 de xaneiro
23-27 de marzo
25-29 de maio
 

martes, 12 de mayo de 2015

RECIPES BOOK - LIBRO DE RECEITAS

Como o noso centro está implementado dende o curso escolar 2.012-2.013 o Portfolio Europeo das Linguas (PEL) mediante o deseño dunha actividade trimestral, decidimos facer un libro de receitas con pratos típicos galegos, españois e ingleses. Esta actividade estivo coordinada pola teacher Alba e nela participamos conxuntamente cos compañeiros e compañeiras de Educación Infantil que nos axudaron a poñer os ingredientes e facer as ilustracións.




LÁCTEOS NOS RECREOS

Os lácteos son esenciais na nosa alimentación porque son ricos en calcio que é fundamental para o crecemento dos ósos. Debemos tomar o equivalente a medio litro de leite ao día, ou sexa 2 ou 3 racións de lácteos ao día. Podemos tomalos tamén desnatados. Os lácteos azucrados non debemos tomalos tódolos días.


Levamos a cabo unha campaña no cole, na que colaborou o Concello de Salvaterra,  durante os meses de decembro e xaneiro de distribución dun iogur durante o recreo.